www.euromundoglobal.com

Francisco Carballo Carballo, Bo e Xeneroso

miércoles 22 de octubre de 2014, 11:21h

Coa homenaxe “Os Bos e Xenerosos” a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón anualmente un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura.

 

O acto terá lugar no primeiro trimestre de 2012 en Santiago de Compostela, cunha laudatio do historiador Anselmo López Carreira.

(A Coruña, 16 de decembro de 2011) O pasado sábado 10 de decembro o Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), decidiu nomear Bo e Xeneroso a Francisco Carballo Carballo, historiador e mestre de  historiadores, promotor de empresas editoras en galego.

Ao longo de máis de corenta anos o noso homenaxeado participou coa súa escrita e co seu activismo en dotar de contidos vertebradores á realidade social e cultural de Galicia, o que o converte nunha figura referencial para a cultura e a sociedade galega no seu conxunto.

Francisco Carballo súmase así á lista dos Bos e Xenerosos da AELG, conformada por Avelino Pousa Antelo, Museo do Pobo Galego, Ponte nas ondas, Isaac Díaz Pardo, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Mariví Villaverde, Concellos organizadores do Premio Blanco Amor e Francisco Fernández del Riego.

Nacido en Celeiro de Asadur (Maceda-Ourense) o 8 de marzo  de 1925, no ano 1941 marchou a Madrid para ingresar como novicio nos Paúis. Estudou Teoloxía e Historia (licenciado en 1954) en Madrid. Foi director do colexio San Narciso de Marín (1954-1958) e noutro de Barakaldo (1958-1965). Foi profesor da Igrexa no teologado San Vicente de Paúl en Salamanca, e o seu reitor (1965-1971), e no Instituto Teolóxico Gaudium et Spes (1965-1973). En 1973 trasladouse Vigo como profesor da Escola Universitaria de Maxisterio. Francisco Carballo foi un dos fundadores do semanario A Nosa Terra en 1977 e un colaborador constante. En 1981 foi condenado a seis meses e un día de prisión menor e a 20.000 pesetas de multa por calumnias á policía no libro Historia de Galicia.

Ten colaboracións en A Trabe de Ouro e Encrucillada.

Obra

Ensaio

A igrexa galega, 1995, A Nosa Terra.

Alexandre Bóveda, 1999, A Nosa Terra.

Breve Historia de Galiza, 2000, A Nosa Terra.

Martín Sarmiento, 2002, A Nosa Terra.

Libro de conversas

Conversas con Francisco Carballo, con Santiago Prol e Xan Carballa, 2002, A Nosa Terra.

Obras colectivas

Historia de Galicia, 1979, Frente Cultural da ANPG.

Castelao contra a manipulación, 1984, Xistral.

A nosa literatura, 1988.

12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.

Historia de Galicia, 1992, A Nosa Terra.

O mundo desde aquí, 1993, IGADI.

Historia Xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra.

Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.

----------------------------------------

Máis información e fotografía do homenaxeado en:

http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor177

Máis información sobre “Os Bos e Xenerosos” da AELG:

http://www.aelg.org/GetPastActivitiesByCategory.do?categoryId=5

 

¿Te ha parecido interesante esta noticia?    Si (20)    No(0)

+
0 comentarios
Portada | Hemeroteca | Índice temático | Sitemap News | Búsquedas | [ RSS - XML ] | Política de privacidad y cookies | Aviso Legal
EURO MUNDO GLOBAL
C/ Piedras Vivas, 1 Bajo, 28692.Villafranca del Castillo, Madrid - España :: Tlf. 91 815 46 69 Contacto
EMGCibeles.net, Soluciones Web, Gestor de Contenidos, Especializados en medios de comunicación.EditMaker 7.8