Durante a década de 1990 e principios dos 2000, a autora informou amplamente sobre o feminicidio en Ciudad Juárez. En 2000 cofundou o Centro de Atención Integral á Muller, un centro especializado na atención a mulleres, nenos e nenas vítimas de violencia doméstica e de violencia sexual.
En 2005 foi detida en Cancún, Quintana Roo, por axentes da policía xudicial de Puebla, por causas derivadas da publicación do seu libro Os demos do Edén, unha investigación que recolle os relatos testemuñais de sobreviventes dunha rede de prostitución infantil, dirixida por políticos e empresarios. O Comité de Dereitos Humanos da Organización das Nacións Unidas recoñeceu este suceso como unha vulneración dos dereitos humanos, especialmente das mulleres, no sistema de xustiza, ao tempo que solicitou ao Estado mexicano a reparación do delito de difamación causado á xornalista.
Forma parte da Rede Internacional de Xornalistas con Visión de Xénero.
Lydia Cacho ten escrito máis dunha ducia de 14 libros derivados dos seus coñecementos e experiencias, desde a poesía até a ficción, un manual para previr o maltrato infantil, ensaios sobre temas de amor e xénero con gran repercusión internacional sobre tráfico sexual, escravitude e pornografía infantil. A súa obra foi traducida xa a diferentes idiomas: francés, inglés, alemán, portugués, italiano, holandés, croata, sueco e turco, tendo sido publicados en México, Estados Unidos, Estado Español e países centroamericanos. Ten conseguido unha gran cantidade de premios e recoñecementos por todo o seu traballo.
Nas anteriores edicións recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer, Hélia Correia, Isabel-Clara Simó, María Teresa Horta, Mariasun Landa, José Luandino Vieira e Ana Luísa Amaral.