España

Cultura promocionará a Galicia como destino turístico

A través de dous vídeos difundidos nun centenar de canles de televisión de toda España pertencentes ao grupo distrivisión

Miércoles 22 de octubre de 2014

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, é a propietaria dos vídeos que cede a este grupo de comunicación, co obxecto de difundir as potencialidades turísticas da comunidade autónoma: natureza, gastronomía, turismo rural, termalismo, entre outros.



Dous vídeos promocionais de Galicia como destino turístico, pertencentes á Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia S.A, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo, serán visionados nun centenar de canles televisivas de toda a España pertencentes á compañía Distrivisión, líder na distribución de contidos audiovisuais que celebrou hoxe a súa quinta Convención en Santiago de Compostela para presentar as novidades de programación do ano 2011.

 

No acto, presidido polo responsable do grupo, José Maria Besteiro, estivo tamén presente a directora xerente de Turgalicia, Carmen Pita Urgoiti.

 

A temática do primeiro dos vídeos promocionais, titulado ‘Galicia, pensando en volver a ti’ que será vistos en canles televisivas de todo o país, céntrase na divulgación das principais potencialidades turísticas que posúe a comunidade, a través do encontro dunha parella de mozos, que disfrutan daa natureza, a gastronomía, o turismo rural, de aventura e o termalismo galegos, entre outros aspectos.

No segundo caso a promoción audiovisual de Turgalicia focaliza a súa atención na promoción de Galicia como destino termal.

 

Central de Telecontenidos, pertencente ao grupo Besteiro, dedícase á distribución de contidos para televisións rexionais, locais e municipais dende o ano 2006, a través dos seus canais: Distrivisión, Municipal TV e Localvisión.

 

Concretamente, Distrivisión ofrece aos seus clientes un amplo catálogo coas mellores producións de todos os xéneros audiovisuais en emisoras situadas por toda a xeografía nacional: Mediaset, Televisa, Mondo TV, Sogepaq, Filmax, TeleMadrid, Euskaltelebista, entre outras.